Este 17 de maio lembramos a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. -Fai unha biografía deste autor - Que obras publicou? - Novoneyra quería que o chamasen o DICIDOR. - Que é un DICIDOR? Uxío unía as funcións que tiña o DICIDOR e o TROBADOR. Nomea os grandes autores dos cancioneiroa galego-portugueses. Busca unha poesía de Uxío no que nomea a varios. - Na súa función de DICIDOR, Novoneyra “dixo” versos de moitos poetas galegos, cales foron os seus preferidos? - Que poema leu na televisión cando chegaron os restos de Castelao ao aeroporto de Lavacolla? Novoneyra era unha persoa non dada a mitificar O Courel, e si a falar moito das particularidades que alí se dan. Conocerás máis cousas do Coruel ao completar o seguintre traballo: Se un alumno do IES "Félix Muriel" de Rianxo quere ir a Folgoso do Courel a visitar a terra natal do personaxe homenaxeado o 17 de maio de 2010: -Que Concellos tería que pasar se vai: Pola cidade de Lugo? Polo concello de Quiroga? Polo concello de O Incio -Que persoeiros, aos que se lle dedicou o 17 de maio, naceron nestes Concellos? -A que provincia pertence o concello de Folgoso do Courel? - Que parroquias forman este Concello?
- No mapa anterior, pon os nomes dos concellos limítrofres? - Que extensión tén o Folgoso do Courel? e o de Rianxo? - Indica a densidade de poboación de Folgoso do Courel, Rianxo, A provincia de A Coruña, provincia de Lugo e Galicia - En cantos Concellos naceron os homenaxeados o 17 de maio? Están todos en Galicia? 2.- No Concello de Folgoso do Courel celébrase a Festa da Castaña: 0s Sequeiros. - Infórmate como son e que elementos teñen os Sequeiros. - Explica como se fai o traballo de secar as castañas. - O proceso do secado das castañas nun “Sequeiro” dura 20 días. Para atendelas hai que traballar 4 horas diarias: - Cantos minutos hai que traballar no proceso?. - Cantos segundos?. -Cantos kg se deben vender a 0,80€ para poder cobrar 6€ por hora traballada?. Buscade información sobre esta festa 3.- FAUNA DE O COUREL - O oso -Pita do monte 4.- Importancia do burro na vida desta terra de montaña 5.- FLORA DE O COUREL - A Devesa da Rogueira 6.- Nun mapa de Galicia localiza e pon a altura dos seguintes picos: Pía Páxaro, Porto Mourelo, A Cabra, Formigueiros, Oribio, Montouto. 7.- Pon o nome común ( cos que nós os coñecemos) dos seguintes árbores e arbustos propios da flora do Courel.
8.- Pon o nome común das seguintes especies da Fauna do Courel.
9.- As Fontes da Rogueira están moi perto, mais as súas augas son moi diferentes. Explica as causas e as características destas augas. 10.- Busca as diferenzas entre os seguintes tipos de prados típicos do Courel: Prados de sega. Prados de dente. Prados mixtos. 11.- As covas no Courel. -Busca información sobre as covas do Courel. ¿ Como son?. - Para que se empregaron?. Para que lle serven aos morcegos?. 12.- ¿Quen foi o construtor da igrexa do Cebreiro segundo a tradición?. Fai a biografía deste home. 13.- O acivro. A cultura celta tiña este arbusto como referencia dos seus cultos. Infórmate que facían os celtas co acivro. 14.- O Courel constitúe o 1% do territorio de Galicia no que están representadas o 40% das especies botánicas da nosa Comunidade. - Que tanto por cento(%) supón o territorio de Rianxo dentro da Comunidade?. - Para ter a mesma proporción que O Courel, cantas especies debería haber en Rianxo?. - O pico Formigueiros mide 1.643 m. Pasa esta altura a dam, hm, e km. - Se subimos desde o pobo de Moreda, que está a unha cota de 700 m., que desnivel hai? - Se desde Rianxo se fai unha etapa en bicicleta pasando por Santiago - Silleda - Lalín - Rodeiro - Chantada- Pantón - Monforte - Pobra de Brollón - Folgoso do Courel e rematamos no alto do monte. Cantos quilómetros fariamos? Se temos unha media de 34,7 km/h. canto tempo nos levará? |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
15.- Marca no seguinte mapa de Galicia os concellos e os persoeiros que se recordaron no 17 de maio
|