AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ:
LÚA DO SENEGAL
Índice xeral
01 .- 18 DE XUÑO. COA LÚA CHEA María López Saavedra & María Losada Miguéns Mauro Castaño Frieiro & Jorge Fachado Blanco & Alfonso Figueira Regenjo |
09 .- 1 DE AGOSTO. COA LÚA NOVA |
02 .- 26 DE XUÑO. COA LÚA MINGUANTE Kevín Armas Waldomar & Irene Blanco Martínez & Naomi Ferreirós Losada Alba Martinez Viguera & Catherine Radío González & Eva Vicente Abuín |
10 .- 8 DE AGOSTO. COA LÚA CRECENTE |
03 .- 3 DE XULLO. COA LÚA NOVA |
11 .- 16 DE AGOSTO. COA LÚA CHEA |
04 .- COS PÉS NO AIRE |
12 .- TRAVESÍAS DE DOLOR |
05 .- 10 DE XULLO. COA LUZ CRECENTE |
13 .- 30 DE AGOSTO. COA LÚA NOVA |
06 .- 18 DE XULLO. COA LÚA CHEA |
14 .- 7 DE SETEMBRO. COA LÚA CRECENTE |
07 .- 25 DE XULLO. COA LÚA MINGUANTE |
15 .- 15 DE SETEMBRO. COA LÚA CHEA Nuria Ordóñez Tarrío & Alba Rubio García & Ana María Somoza Durán |
08 .- EXPLORANDO UN MUNDO NOVO |
|
0pinan os alumnos
O libro “A Lúa do Senegal” escrito por Agustín Fernández Paz foi moi interesante. As súas reflexións sobre as dúas caras das migracións humanas: inmigración e emigración. A forma de explicar todo, o que tiveron que pasar as personaxes plasman totalmente a realidade que vivimos nos nosos días. Este libro pode axudarnos a comprender o difícil que resulta deixar atrás o teu país, a túa vida e todas as persoas que che importan para instalarte nun lugar totalmente diferente ao que coñeces e desenvolver unha nova vida alí. Ademais expón moi ben os temores a non ser aceptado, o que pode sentir unha persoa cando fas os teus primeiros amigos. Tamén explica que moitas persoas son racistas e ven inferiores as que teñen a pel morena polo simple feito de ser doutro país e dá o punto de vista de todos os personaxes, o que fai máis interesante o libro : o dos adultos, como o de Aminata, que o ven como unha discriminación inxustificada; o das rapazas, que aínda non o entenden; pero as reflexións de Khoedi van madurando a medida que o experimenta en Vigo e dáse conta do insultante que é que che traten desa maneira. Selena Bermúdez Fungueiriño |
É un libro realista, que expresa unha das realidades ás que nos enfrontamos cada día como é a inmigración. Ademais paréceme boa idea poñer como narradora a unha rapaza xa que non usa ese ton de dureza que empregaría un adulto con este tema. Este libro é un libro para imaginar a gran diferenza entre a economía dos países pobres e a dos países ricos. Daniel Fernández Romero |
A verdade é que este libro sorprendeume gratamente, xa que cría que non me ía gustar, pero foi realmente emocionante. Toca a inmigración, tema delicado e de actualidade, desde unha perspectiva sinxela e diferente. O feito de que esté escrito en primeira persoa axuda a identificarse e a sentirse como unha emigrante/inmigrante que tén que facer a viaxe. Ademais fíxome reflexionar sobre a situación de Khoedi e de que son milleiros os "Madou", "Alioune", "Mabale"... as que arriscan a súa vida na procura dunha vida mellor. Sentinme impotente ante a realidade que reflicte o libro e desexosa de que todas as viaxes rematasen coma a de Khoedi. María Losada Miguéns |