índice A casa da luz índice xeral
Entrar nun cadro é un bo recurso imaxinativo que pode dar pé a moitas historias. Busca o cadro do que che gustaría formar parte e conta esa historia |
||
Mirei os cadros detidamente e despois de admirar a súa beleza e cada
un dos seus detalles decidín entrar nun deles. O
elixido foi o da fraga. Escollérao entre todos os cadros polas súas cores
chamativas e á vez discretas con matices practicamente invisibles para o
ollo humano, pero que estaban presentes e lle daban
un toque sobrenatural. Entón foi cando entrei.
Bastoume con dar un pequeno salto para chegar a fraga tan distinta da
que se vía desde fóra pero igualmente marabillosa.
Estiven un bo cacho admirando a paisaxe e ao pasar un certo tempo decidín
avanzar lentamente.Adentreime sen medo ningún e pasado un tempo escoitei
voces. Parei para escoitalas máis detidamente.
Parecían voces humanas pero falaban nunha lingua incomprensible para
min. Seguín andando ata poder apreciar figuras ao
lonxe. Agocheime detrás duns arbustos e pasaron eles.
Con eles refírome a uns homiños de baixa estatura.
Tiñan unha voz relativamente aguda e unhas orellas enormes.
E déronme ganas de espirrar xusto no momento no que pasaban e non o
puiden evitar. Saín do meu agocho e miráronme de
arriba a baixo, dixeron algo polo baixo e dirixíronse a min.
Dei un brinco e saín
do cadro. Selena Bermúdez Fungueiriño |
||
Entre toda a colección elixín o cadro de Darío de Regoyos: "Arco Iris sobre el puerto". É un cadro no que o arco da vella ilumina unha paisaxe na que un barco está preparado para zarpar cos seus pasaxeiros río arriba. Collín impulso e metinme dentro do cadro. Aparecín no interior da cuberta do barco. Por sorte non había ninguén. Baixei a terra. Ao ver a xente que paseaba polo porto dinme conta que estaba noutra época. Por sorte un carro de bois pasou por diante miña ocultandome da xente. Levaba productos para o baro: comida, roupa, equipaxe, etc. Intruducinme no interior do carro e puxenme outra roupa. A paisaxe era fermosa.Ao fondo distinguíanse unhas montañas anubradas e un río de augas claras dividía as dúas beiras.Ao meu arredor había varios postos de mercadorías e un barco de vapor. Por último no ceo distinguíase un fermoso Arco da Vella.Sentín un gran desexo de poder observar o arco dende máis preto.Cheguei á conclusión de que o mellor sitio para velo eran as montañas, ás que só se podía chegar cruzando o río.Con preocupación subín de novo ao barco, pois non me gustaba navegar.Situeime entre unhas caixas no interior para non ser vista. Pasarón horas ata que norei que o barco atracaba. Despexada a cuverta salín correndo a terra. As montañas tiñan unha altura descomunal. Vistas dende a outra orilla non parecían tan altas. Por sorte había un camiño que percorría unha das montañas máis baixas. Calculei que a ascensión duraría unhas tres horas e media, tempo suficiente para ver o arco e regresar á casa. Empezei a ascender pouco a pouco. A paisaxe que ía vendo era marabillosa, viánse frondosos bosques e extensas chairas. Cheguei á cima da montaña sobre as cinco.Busquei o Arco da Vella pero xa non estaba, chegara demasiado tarde. O descenso foi máis doado.Cando subín ao barco empecei a buscar a zona pola que entrara.Mentres cruzaba de novo mirei atrás e puiden ver o Arco da Vella de novo aparecendo no ceo. Cando cheguei á casa miña nai non comentou nada da miña tardanza.Só me preguntou se me gustou a exposición, eu con tristeza contesteille que me gustara moito. María López Mosquera
|