2009-2010 

                                                                                                                                                                                    volver

   XABIER P. DOCAMPO

   

 

 

             O mércores, 17 de marzo de 2010; Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995 pola súa obra Cando petan na porta pola noite,  acercouse ata o  I.E.S.  " FÉLIX MURIEL" para comentar connosco o seu libro "A casa da luz", polo que recibiu o Premio de literatura Infantil e xuvenil "Lecturas" Galix 2004, lectura durante o segundo trimestre nas clases de Lingua Galega en 2º de E.S.O.

            A súa charla foi longa, amena e agradable. Empezou falando de que xa estivera outra vez en Rianxo, en xaneiro de 1987, para falar nesa ocasión do seu libro "O misterio das badaladas, cos alumnos de 8º de E.X.B. do Colexio "A.D.R. Castelao".

            Para que serve a lectura? Algún respostou que para pasar o tempo. " Se eu tivera que facer unha lista de cousas para facer o tempo , non aparecería a lectura.  A lectura serve para entender as cousas, cales están ben e cales están mal. Nosos pais para explicarnos os comportamentos recurriron á literatura, contáronnos historias da tradición oral, como pode ser Brancaneves.

          A lectura serve para desenvolverse, aprender a interpretar os textos,  para comprender o mundo, sen ela non poderiamos entender o que pasa ao noso arredor."

          Explicounos como se lle ocorrera a historia; ao principio a idea estaba centrada no mundo da música, pero pasou a centrar a obra na arte dos cadros. "A casa da luz" era o guión para unha película que se retrasou. Falando cun editor, que lle pedía un libro, contoulle o argumento presentado chegando á conclusión de que a idea daba para un libro que debía presentar en 9 meses. Neste tempo non teu acabado o encargo que entregou   dezaoito meses - Na actualidade a película está pendente da súaestrea.

           Xabier P. Docampo é un home moi agradable e simpático, falar con el foi unha experiencia moi interesante.