2009-2010
Libroforum
Anxo Fariña
O día catro de novembro, á segunda hora da mañá ,veu ao noso institituto o escritor, debuxante, Anxo Fariña. El escribe libros para nenos pequenos e, para nenos coma min, de 12 para riba.Eu miro os libros dos Megatoxos e gústanme, especialmente o que estamos a ler na clase . Nós, o curso anterior tamén tiveramos que ler un libro dos Megatoxos . Anxo Fariña explicounos que é o que fai falta para ser un bo debuxante.Podes empezar a crear cousas, persoas mediante un cadrado,(como fixo el cos seus personaxes dos nenos pequenos) e con formas redondas, cadradas, triangulares...Bue.... en fin.... Colleu dous personaxes do público un chamábase Manuel e a outra Carlota. Colleu exemplo de que Manuel parara unha pelota (que por certo lle déra na cara) e que ademais metera gol.Logo empezou con Carlota e liouna tamén na historia de Manuel. Máis tarde chamou a un neno para o escenario .O neno chamábase Adrián, conocido por Casal. E debuxouno. A mín. ,o que máis me gustou foi cando falou cos dous nenos. Moito me rín.Aínda que tamén nos ensinou unhas fotos de lugares que el mete nos seus contos dos Megatoxos. E nada máis, foi impresionante!!! Miriam Mariño Viturro 1º D
|