índice A casa da luz                                                                                                                                           índice xeral

 

A CASA DA LUZ

 

OPINIÓN

Deste libro, A casa da Luz, podo dicir que non é un mal libro. Tampouco digo que sexa moi bo,  pois a min os que me gustan son os de misterio ou algo similar, e por iso non me chegou a encantar.

Si teño que dicir, que ten partes conmovedoras, nas que se demostra o valor da  amizade que concibiron os rapaces con Pumariño, tanto cando se fixeron amigos del , como cando el foi acusado de roubar ao San Paio, e os rapaces foron na súa procura, co temor de que lle  puidese ter pasado algo malo ao home. Estas partes son as que me incitaron a lelo.

Ao comezo, a historia transcorre lentamente, pero a medida que pasas páxinas  vólvese máis interesante, debido ao misterios que se van desvelando, cando os rapaces entran nos cadros...

            A min paréceme que foi unha boa elección de lectura para este trimestre,  aínda que me gustaría que o próximo libro que teñamos que ler sexa un pouco máis intrigante.

                                                                                                                                                                                                            Ana Alcalde Ordóñez

 
 

 

Este libro pareceume moi interesante e apropiado a nosa  idade. Móstranos   a historia de cinco rapaces e un adulto  inxustamente mal valorado  pola sociedade. Neste conto ademais vemos reflectida  unha denuncia da inxustiza (asasinato  do pai  e  agresións a nai  do Pumariño e no  maltrato a Xente da cidade da torre), unha loita pola liberdade e o dereito ao cambio social (Coa axuda das moedas do Pumariño  as xentes sen ás conseguiron as ás é dicir a liberdade). Gustoume moito, é orixinal e fácil de entender dende o principio porque hai algúns libros que ata que chegas a metade non sabes moi ben o que acontece.Ten historia e fondo,foi moi fácil de ler e unha vez que empecei, como me pasa cos libros interesantes,  non parei ata acabar. Ademais encantoume o tamaño da letra de texto porque é o tamaño ideal para poder lelo a distancia sen ningún problema.  Aínda que o libro en xeral persoalmente estivo ben  a min o que máis me gustou foi a historia do último cadro no que entraron todos e no que coñeceron o autor daquelas obras de arte tan marabillosas.

Non me gustou o final tan indeterminado que ten, xa que non remata nin moito menos a historia. Debería seguir un pouco máis porque debido a que é bastante interesante non nos aburríamos a lelo. Tampouco me gustaron demasiado as imaxes ademais eu preferiría que o libro tivesen máis cantidade de debuxos , sobre todo dos cadros para poder facernos unha idea de cómo eran aquelas marabillosas obras de arte.

         Eu non cambiaría gran cousa o que si faría outro libro para continuar esta tan interesante e divertida aventura.  En caso de que aumentara a historia gustaríame que aparecesen novos personaxes porque sen novas caras  o libro sería algo aburrido. Aínda que se fixera a segunda parte da casa sa luz o que si que faría sería cambiar o título porque non me parece o máis axeitado  para o argumento do conto.

                                                                                                                                       CRISTINA CAMBESES FRANCO