índice Megatoxos índice xeral
ChoivaLúa Carmela Castro González |
Aos meus amigos endebédolles a tenrura e as palabras de alento e o abrazo, o compartir con todos eles a factura que nos presenta a vida paso a paso.
Aos meus amigos endebédolles a paciencia de tolerar as miñas tolemias máis agudas, os arrebatos do humor, a neglixencia as vaidades, os temores e as dúbidas.
Aos meus amigos endebédolles algún enfado que perturbara sin querer a nosa harmonía, sabemos todos que non pode ser pecado o discutir algunha vez por tonterías*. *parvadas Laura Mirón Torrado |
||
A MIÑA AULA , 1º D A aula é bastante grande e ampla, como é toda gris parece un cárcere. É moi triste, xa que costa moito estar encerrada tanto tempo nela. A parede é dunha cor gris clariña,case branca,pero gris.Ten uns zócolos con valdosíns.Tamén os baldosíns son grises,pero un gris moi raro,un gris estilo verde moi raro.As baldosas do chán tamén son grises con manchas de cor negra. A súa cor é de un gris pero máis escura que a parede. Temos vinte e dúas mesas verdes,moi grandes pero bastante amplas, cada unha coa súa cadeira correspondente.Tamén hai outra mesa,bastante máis grande cás verdes, é dunha cor castaña, que imita á de madeira. Esta mesa está chea de folios dos profesores que nos veñen a dar clase. Pero o que nunca pode faltar nesa mesa, e o parte de todas as semanas.A cadeira é negra. Hai un encerado de cor verde clara e oscura cunha repisa para poñer os borradores e o xiz. O encerado reflexa moito,nós témonos que mover para poder ver ben, porque unha das persianas dos tres ventanais está averiada. Tamén temos un corcho, no que poñemos un calendario no que apuntamos os días que hai examen; non só iso, tamén colgamos papeis importantes. O corcho é marrón,un marrón escuro e claro. Tamén o certo é que temos moita sorte porque temos internet e acceso a wifi. A aula está cara ao norte. Nós agoviámonos moito nela porque ademais de parecer un cárcere hai que estar moitas horas alí dentro a estudar, e, si tivera outra cor máis alegre, se cadra estaríamos máis agusto. Tamén temos unha porta, como non , ....... gris!!! Nunha esquina da aula temos tres percheiros nos que cada día os rapaces colgan o seu abrigo. O falso teito tén forma cadrada,con catro,cinco ou máis buracos, por causas doutros alumnos que o romperon. En fin, haise que conformar co que hai, podía ser peor!!! .......Ou mellor!!!
|
|||
|
|||
|