índice A casa da luz índice xeral
|
||
|
|
|
|
A historia de Sabela
Ola! O meu nome é Sabela. Son un chorón de oito anos. Vouvos contar a miña historia, comezamos? Non sei en que día nacín, nin en que mes, supoño que sería no verán, porque nada máis abrir os ollos, vin como o sol brilaba soíño no ceo, sen ningunha nube que o acompañase. Como ben vos dixen, o meu nacemento foi hai oito anos, as árbores non sabemos levar moi ben a conta dos anos, mais eu sei a miña idade polas veces que sucede aquilo tan espantoso… a perruquería! A rapaza que me coida, Raquel, córtame as ponlas unha vez cada ano, deixándome medio espida, pasando o mesmo frío e a mesma vergoña todos os invernos. Agora xa sabedes o meu maior medo; e vós, tendes algún? Irene Blanco Martínez 2º A
|
|
|
A SOBREIRA DOSINDA Eu pertenzo á familia dos Lucarios , chámome José Ramón e vivo na horta da casa . Dende moi pequeño vía ó meu redor árbores que medraban canda min,pero non tiñamos nada en común,a min caiame a folla e a algúns dos meus compañeiros non. A miña madeira é moi dura . Ó meu tronco sacanlle a cortiza para empregala en moitas cousas . Os meus amos intentaban protexerme para que non me deixaran pelado , vixilaban a súa horta sempre que estaban na casa e non tiñan que ir traballar , pero sempre había xente moi rateira , viñan a arrincarme a cortiza para facer as colmeas , outros , sobre todo os cativos , viñan a me coller a cortiza para aprender a nadar. Dende que a miña familia puxo o valo deixaron de arrincarme a cortiza e a partir de ai puiden vivir mais tranquilo coa miña familia. Na miña familia estaban os meus donos , Chico e Rosa , e os meus irmáns . A eles gústalle xogar conmigo , xa que , entre os meus brazos , fixeron unha cabana onde adoitaban ir todos os días. Eu entretíñame escoitando as historias que contaban , unhas veces que lle pasara realmente e outras nas que lían un conto . De vez en cando traían algúns amigos con eles e sentíame mal porque se burlaban deles por ter unha irmá sobreira. Todos os anos , cando había algunha festa ou acontecemento que celebrar , reuníanse todos os da familia e poñian as mesas arredor miña para que non me sentira soa.A min gustábame ver como medraban os membros da familia , sobre todo os meus irmáns , xa que eu medraba canda eles.
José Ramón Fachado Abuín 2ºA Nº15
|
|
|
O carballo Aldán Non sei canto tempo pasou dende o meu nacemento ata hoxe pero penso que xa fai uns anos . Son un carballo novo de metro e medio de alto. Vivo nun souto rodeado de outros moitos carballos vellos, moi vellos e algúns novos aínda que máis grandes que min. Mentres fun máis pequeno non era consciente do meu arredor quizais porque a finca na que me atopo estaba descoidada e a maleza impedíame ver máis ala daquelas longas fentas que me rodeaban. Unha vez que empecei a apuntar por enriba da maleza empecei a relacionarme cos outros carballos do souto. Parecíame que todo era novo e marabilloso para min. A soidade que me acompañara durante os meus primeiros anos xa estaba esquecida e agora todo era moito máis doado de levar. Fai uns meses chegaron o souto unha cuadrilla de homes e mulleres cunha morea de ferramentas. Os carballos máis vellos puxéronse moi nerviosos porque segundo me contaron despois anos antes de que nacera eu viñeran uns homes e cortaran un carballo moi vello que estaba moi preto de onde eu me atopaba agora. A cuadrilla de operarios non parecía notar o noso medo e de contado acenderon uns aparellos que facían un ruído infernal. Eu cheo de medo recollinme nos meus pensamentos esperando que acabara o ruído e que se foran deixando no souto a paz a que estábamos acostumados. Cando o ruído parou tardei un pouco en mirar o redor para comprobar se todos os meus compañeiros seguían no seu sitio. Todos estaban alí pero entón vin cousas que nunca vira: unha fonte de pedra que tiña dous caños, e o lonxe había casas e unha escola. Estaba abraiado co que estaba descubrindo ata que me decatei de que faltaba a maleza que era o que me impedía ver nada que non estivera o meu carón. Cando o día seguinte volveron a vir os operarios eu decidín que quería estar todo o tempo vixiando o que facían. Era divertido ver como traballaban e como ían cambiando o aspecto do souto. Plantaron flores, puxeron bancos a carón dos carballos máis vellos e preto de onde eu me atopaba, nun cacho que non había arbores colocaron uns artefactos de cores moi vivas que non sabia moi ben para que eran. Todo estaba fermoso, ou iso cría eu. Uns días máis tarde, cando o sol estaba no alto do ceo, vin como se achegaban cara o meu souto dúas mulleres e unha morea de cativos. Mireinos con moito interese porque viñan cantando e parecían moi ledos.Cando chegaron os nenos foron dereitos cara os artefactos de vivas cores e parecía que o pasaban moi ben, pero, as mulleres, chamáronos e fixéronos sentar no chan. Entón explicáronlles a importancia de coidar o souto e o seu entorno xa que agora que ia comezar o verán podían ir xogar nel aproveitando a sombra que daban as súas frondosas ramas. A partir daquel día os nenos todas as tardes viñeron xogar o souto e nos nunca fomos tan felices de ver como gozaban o noso carón enchendo o souto de cancións e risas. Eu penso que a miña vida comeza cando aqueles operarios encheron o noso souto de vida. Iván Ferro Herbón Nº 20 2ºA
|
|
|
OS SERES DA NOITE O VAMPIRO Descrición xeral: Comunmente chamados os non-mortos, os vampiros aliméntanse do sangue de persoas habitualmente mozas para manter a súa inmortalidade. Dispoñen de grandes cairos que cravan no pescozo das vítimas mentres lle chuchan o sangue. Nacemento: Os vampiros xorden por tres métodos principais: por mordedura doutro vampiro, por un intento fracasado de suicidio (unha nova oportunidade celestial para conseguir a salvación) ou por un pacto diabólico co demo. Habilidades: Pode voar, transformarse en lobo, morcego ou néboa; saltar desde grandes alturas, correr a gran velocidade e os seus sentidos da vista, olfacto e oído están superdesenvoltos para localizar ás súas presas. Debilidades: Se se expoñen á luz do sol comezan a arder e carbonizarse; deben retroceder ante un símbolo da Santa Cruz; convértense en pó se se lle atravesa o corazón cunha estaca de madeira. Non poden voar por encima de auga corrente nin traspasar unha entrada sen invitación. Non soportan o cheiro a allo. Curiosidades: Os vampiros non se reflicten nos espellos. O LOBISHOME (LICÁNTROPO) Descrición xeral: O “home-lobo” é unha persoa normal ata que nas noites de lúa chea, comeza a adquirir o aspecto dunha besta cánida de brutal forza pero prácticamente sen intelixencia, actuando simplemente por instinto e sen perder a memoria e a conciencia. Nacemento: Só nacen de dúas maneiras: pola mordedura doutro licántropo ou pola maldición dun pai ou dunha nai. Habilidades: As súas armas principais son as súas garras e caninos e a súa desmedida forza. Algúns magos indios aseguran que o lobo é o seu antepasado e teñen a capacidade de facer unha transformación controlada, conservando a habilidade de lanzar feitizos. Debilidades: Morren se son alcanzados por un proxectil de prata, e reverten ó seu modo humano se son feridos cunha arma branca de prata. Curiosidades: En Galicia houbo un soposto licántropo, Manuel de Romasanta (1809-1854). O TRASNO Descrición xeral: Son homiños pequenos que se dedican a gastar bromas sen malicia, pero que poden resultar perigosas. Teñen orellas puntiagudas, unha cabeza grande con dous minúsculos corniños de demo. Van descalzos e visten un peto. Entran nas casas para facer trasnadas nas cociñas. Nacemento: Nace cada vez que un rapaz se perde nunha fraga. Habilidades: Posúe habilidades máxicas, como facerse invisible e mover obxectos telequineticamente. Debilidades: A única forma de capturalo é deixando grans de millo á vista para que non poida evitar a tentación de remexer neles. Ademais, no chan debemos esparcir linaza arredor do montón de millo. Á mañá seguinte, o millo estará desordenado e o trasno atrapado na linaza. Entón, obrigámolo a contar os grans de millo que tirou, pero como só sabe contar ata 2, estará contando todo o tempo que estea atrapado na linaza e xamais volve a esa casa cando é liberado. Curiosidades: Pese a posuír capacidades de transformación da aparienza, prefire permanecer na súa forma diminuta. O TRASGO Descrición xeral: Ser de mediano tamaño, de pel verde, ollos grandes e amarelos, unllas longas e asquerosas, que desprende un terrible olor. É o alter ego malvado do trasno. Nacemento: É unha transformación do trasno cando este é maltratado ou capturado. Habilidades: Nesta etapa perde as súas capacidades máxicas, pero adquire unha forza descomunal. Debilidades: Asústase ante calquera cousa cortante. Curiosidades: Nun trasno este estado só dura unhas poucas horas. A SANTA COMPAÑA / AS ÁNIMAS Descrición xeral: É unha compañía fúnebre espectral que viaxa polos montes de Galicia. Nacemento: Son aquelas almas que andan penando polos camiños. Habilidades: Poden anunciar falecementos ou incluso provocalos. Debilidades: O modo de protexerse contra a súa presenza é trazar un cículo arredor cunha vara de freixo, baixar o faldón da camisa e poñer unha peseta debaixo do pé dereito.
Curiosidades: Todo aquel que non se protexera nun encontro cas ánimas morre ós poucos días. A SERPE Descrición xeral: É unha besta con forma de serpe pero de moito máis tamaño. Envelenan os ríos e maman do gando, matando así ás súas crías que morren de inanición. Habilidades: É un animal depredador, polo que posúe un instinto, velocidade e forza sorprendentes. Debilidades: Só morre se un mozo sen medo lle da un toque na fronte con un dedo ou se é atravesada cunha espada bendita en nome de Deus. Curiosidades: Poden atacar ós adultos, pero xamais se acercan a un neno. O DRAGÓN Descrición xeral: É unha criatura de tamaño colosal, que parece un dinosaurio dotado de ás. Un depredador de ovellas e persoas, que garda certo parecido coa serpe. Nacemento: É unha especie animal ovípara. Habilidades: Voa de forma maxistral, sendo capaz de coller unha cousa 20 veces menor ca el ó voo. Cuspe lume, xeo e veleno pola boca. Onde vive non hai ningún tipo de vexetación. Debilidades: Pode ser derrotado se o seu corazón é atravesado, desangrado ou se uns furados situados na caluga e detrás de ás e pernas son golpeados. Curiosidades: Na súa cova garda un tesouro con valiosas xoias, sobre as que se deita para que estas se peguen ó seu ventre e así reforzalo. AS MEIGAS Descrición xeral: Son persoas que venden a súa alma a Satán para conseguir os seus favores. Posúen maxia negra e coñecementos de herboloxía malignos para facer as súas pócemas. Normalmente son persoas aparentemente normais ata a posta do sol, que sempre están elucubrando pensamentos maléficos. Nacemento: Unha persoa faise meiga cando asina un pacto de sangue co Diaño. Éste permítelle a posesión e coñecemento de todas as formas de causar mal, dor e sufrimento. Habilidades: Poden voar con vasoiras, preparar pócemas e usar feitizos para escravizar á xente, torturala, asasinala… Debilidades: Non poden atacar a quen leve consigo unha cruz, un cacho de pan ou un látego. Poden ser descubertas se a suposta meiga padece trastornos do sono, deixa de relacionarse coa xente, non acode a misa ou se se escoltan espeluznantes gritos na súa casa, en cuxo caso probablemente estea torturando a unha das súas vítimas. Curiosidades: Na cultura popular apenas existen meigos, que se aparecen son descritos coma persoas de gran sabedoría e con poderes máxicos destinados ó ben. O ESPECTRO Descrición xeral: Son pantasmas que nunca dan a coñecer a súa identidade que vai vestido cunha longa e raída túnica negra e que se alimenta da felicidade das persoas. Nacemento: Son as pantasmas de condenados que xamais purgarán os crimes cometidos en vida. Habilidades: Poden atravesar paredes, volverse corpóreos ou incorpóreos e dependendo de se son malignos ou non, teñen ou non permitida a influencia física no mundo humano. Debilidades: Aínda que son invulnerables, en canto un espírito maligno estea absorbendo os nosos sentimentos de felicidade, provocándonos medo e inseguridade, debemos pensar no noso recordo máis feliz. Curiosidades: Poden facer crer á xente que está tola coa súa voz das tebras.
Daniel Fernández Romero |
|
|
AQUEL LUGAR A miña vida sempre estivo chea de tristeza e rabia, agora sinto que isto xa non tivo importancia, eran danos menores os que estaba a punto de vivir. O día da miña “tarefa” estaba a piques de comezar non puidera pegar ollo en toda a noite, almorcei a présa e, logo de que rematei, collín o coche e emprendín a viaxe. O sitio ao que cheguei, e o que tantas veces fora, estaba afastado de calquera síntoma de vida. Baixei do vehículo e, planteeime volver atrás; mais o meu afán inconformista de pechar o circulo dáme forzas, e verme firme ante esta situación faime ver o forte que poido chegar a ser. Este lugar, aparentemente, e para o meu asombro, é horripilante, non o lembraba así. Logo de que crucei a entrada, todo cambiou, entroume un frío polas costas, unhas ansias de botar a correr.esquecéuseme como respirar, sentinme soa. En verdade isto era peor do que me imaxinaba, esta situación facíame recapacitar moitas cousas. Decidinme a camiñar, dar pasos curtos e observar todo o que estaba ao meu redor. Despois de levar camiñando un bo rato atopeime no sitio que menos me esperaba un banco só, vello e limpo. Dándome conta que onde estaba era moi estraño, entráronme ganas de sentarme nel e non me daba mala espiña, só ía ser un momento. Ao pousarme nel, entroume un repentino sono, uns pasos tras de min fixeron que me levantase de súpeto, vin aporta e abrina sen pensar... todo cambiou… Estaba alí, no sitio que máis me atormentaba, o lugar onde comezaron os meus pesadelos. Recordei todos os días felices, os lamentos, os soños… todo e sabendo que con estirar a man todo acabaría, entonces produciuse en min un medo que non tiña nada que ver co que pasara. Quedei sen fala, sen respiración, tiven frío e calor. O medo bloqueoume non era capaz de facer ningún movemento, veume unha repentina visión do que sucedera aquel día, o peor da miña vida, o día no que unha chama queimou o meu corazón, os meus recordos e a miña vida. “Recórdoo perfectamente coma se fose hoxe, eu tiña doce anos, meu pai traballaba fóra, no estranxeiro e viña á casa poucas veces ao mes. Miña nai traballaba nunha oficina a poucos quilómetros da vila, eu quedaba coa miña irmá pequena e co meu avó todas as tardes, tiña un costume raro de escribirlle cartas á miña irmá para que cando fose maior as puidese ler. Gardábaas todas nun baúl, cos meus antigos diarios, un álbum de fotos da familia e os detalles das viaxes; aquel día deixárao aberto. Miña irmá e eu non tiñamos colexio pola tarde e adicabamonos a pelexar ou ver a televisión. non lle daba importancia a canto a quería, pero un día meu avó deixou o gas prendido e sen darnos de conta, todo explotou. Eu estaba na casa do lado, cunha amiga. Ao escoitar o estalido, saín a toda présa a acudir á xente que máis quería. Entrei, escoitaba os choros da miña irmá por todos os sitios e a meu avó pedindo axuda. a miña nena dicíame que estaba no meu cuarto máis o fume cegoume e só recordo a máscara de gas e as bágoas da miña nai. Todos me informaron que había pertenzas que aínda se conservaban, e que eles faleceran no acto, miña nai dixérame de que o baúl seguía aberto e que fora un milagre que non se queimara.” Dende aquela non volvín ao sitio, pero agora, aos meus vinte e oito anos, penso que vai sendo hora de que peche estes malos recordos para sempre. Abrín os ollos e deime conta de que centos de bágoas recorrían as miñas meixelas. Xa tiña a man estirada para cerralo pero de súpeto escoitei algo… algo que me dixo que todos os meus recordos e os da miña irmá estaban alí, pero… eu quería cerralo? Esquecerme de todo? E... se non funcionaba? Entráronme dúbidas, pero fixen o correcto. Nerea Lorenzo Rodríguez
|
|
|
|
|
|