TOPONIMIA
ARAÑO ASADOS ISORNA LEIRO RIANXO TARAGOÑA BEALO
(Cartografía SITGA)
Lei de Normalización Lingüística de Galicia (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, publicada no DOG do 14 de xullo de 1983) Artigo 10 1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. 2. Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente. 3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. AXunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado. |
O traballo desarrollado durante o curso 2009-2010 tivo como un dos seus obxectivos a presencia da toponimia e microtoponimia dentro do curriculun escolar, xa que moitas veces ten un valor testimuñal . Pretendeu mostrar as posibilidades didacticas que ofrecen os nomes propios dos lugares nos que se desarrolla a vida cotiá dos alumnos. Neste actividade desenvolveuse unha dobre vertente de analise do topónimo: a lingüística (recolleita, inventariado e estudo) e a xeográfica (ubicación correcta). Toda intervención escolar debe rexerse por un principio – o respecto polos nomes tradicionais- e –debe ter unha finalidade- a loita contra a perda do patrimonio toponímico. Salvagardar un patrimonio que reside case exclusivamente na memoria oral dos nosos maiores e que, coma eles, atura mal o paso do tempo |
Os topónimos poden ser transparentes, cando o seu significado pode ser percibido, O Montiño, a Veiga; ou opacos, se perderon a relación coa lingua común, Mosende
Se empregamos un criterio semántico, podemos atopar aqueles que se refiren a:
Xeografía o constitución do terreo: Laxe, Quenxo, Tanxil, O MontiñoRíos: O Regueiro, O ReguiñoCultivo: A Veiga, As Brañas,Flora: A Carballeira, O Souto, O Bosque, O Piñeiro,Nome propios: Campo de Maneiro, Situación do lugar: Somoza, Soigrexa |
Construcións: A Torre, Campos de Pazos, O Castro Barbudo, A MámoaFundacións relixiosas ou nome de santos: A Capela, A Ermida, San Xosé, San PedroPoboación: O Casal, O Vilar, Setefogas, VilasConstrución ou establecemento industriais: O Pazo, O Porto, PesqueirasVías de comunicación: A Ponte, A Estrada Fauna: Lobeira, Oseira |